miércoles, 17 de septiembre de 2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO "UNA SOLA MUERTE NUMEROSA", DE NORA STREJILEVICH

Nora Strejilevich é unha narradora arxentina cuxa escritura elabora o legado do Terrorismo de Estado a partir da súa propia experiencia como sobreviviente e exiliada. 
Tras a súa liberación do campo de concentración “Club Atlético” (1977) foi asilada política en Canadá, onde se doctoró en literatura latinoamericana na Universidade da Columbia Británica. Exerceu como docente en varias universidades de Norteamérica entre 1991 e 2006, e dedicouse sobre todo ao ensino de dereitos humanos e literatura. Publicou prosa, poesía e ensaios. 
O seu libro máis recente é A arte de non esquecer: literatura testemuñal en Chile, Arxentina e Uruguai entre os ´80 e os ´90 (2006). Unha soa morte numerosa (1997, 2006) deulle recoñecemento internacional. Esta novela testemuñal foi galardoada co Premio Nacional Letras de Ouro (USA 1996), traducida ao inglés (A Single Numberless Death, 2002) e adaptada para teatro (USA 2002). En Italia, a historia inspirou a película Nora (2005). O libro estúdase en cursos de universidades de Arxentina, México, Brasil, Alemaña, Austria e Francia. Nestes momentos Strejilevich dedícase á escritura e a investigación. O seu proxecto actual é o estudo da resistencia das mulleres a réximes totalitarios a través da arte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario