domingo, 20 de septiembre de 2015

AS MARCHAS DA DIGNIDADE VOLVEN AO OBRADOIRO O 24 DE OCTUBRO, AS 12H

As Marchas da Dignidade reuníronse este fin de semana no Paraninfo da Maestranza, da Coruña, na súa II Asemblea Galega, na que se debatiu o estado actual das Marchas e as propostas de mobilizacións e organizacións para o futuro, comenzando pola máis próxima que será o 24 de outubro ás 12 horas na praza do Obradoiro. 
Preto de duascentas persoas de todas as comarcas de Galicia fixeron as súas propostas para mellorar a organización das Marchas da Dignidade e aumentar a participación. A asemblea foi amenizada polo grupo coruñés Audio Quatro, que interpretou varios temas da súa creación. O acto foi presentado pola actriz Mónica Camaño.
Se incidiu no traballo nas comarcas para difundir as Marchas da Dignidade, e logo levar propostas de mobilización ás xuntanzas mensuais da coordinadora galega en Compostela. A maioría das persoas asistentes consideran fundamental que as Marchas da Dignidade continúen a traballar para cambiar a situación actual de "sometemento popular á dictadura do poder económico", e consideran que a "Unidade Popular non é a unidade dos partidos políticos, se non  o traballo conxunto entre a cidadanía non organizada, os movementos sociais e os partidos políticos". 
As Marchas da Dignidade fan un chamanento a todas as persoas e organizacións que estean en contra das políticas marcadas pola Troika que se sumen ao colectivo para "loitar conxuntamente contra esa organización antidemocrática".