martes, 10 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN, EN CORUÑA, DO LIBRO 'LOS FUGADOS DEL FUERTE DE EZKABA. 1938'


A COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA convoca  a presentación do libro "Los fugados del Fuerte Ezkaba.1938", éste martes, 10 de febreiro de 2015, ás 20'00 h., na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras, 12, A Coruña.
A fuga do forte de Ezkaba/San Cristóbal, a maior fuga carcelaria coñecida en Europa, ocupou no seu momento as portadas da prensa republicana e internacional, antes de caer no esquecemento e o interesado ocultamiento por parte dos vencedores.
Unha multitude de 795 fuxidos documentados, lanzáronse cara á fronteira o 22 de maio de 1938, entre eles, 183 galegos. Atrás deixaron 206 mortos,enterrados nos vales entre o forte e a fronteira; 14 fusilados en agosto como dirixentes. Outros 46 capturados que falecerían no forte até 1943. Tan só 3 fugitivos -quizais catro-, alcanzarían Francia.
A charla expón o plan de fuga, as rutas dos escapados, pero tamén doutros,como o pontevedrés Amador Rodríguez, último fuxido en ser capturado,despois de tres meses; Leopoldo Picou, cerebro da fuga ou AntonioValladares, de Silleda, outro dos organizadores, así como o papel protagonista de diversas mulleres, acusadas de complicidade, e que foron encarceradas.Vidas, dignas de non caer no esquecemento.(Texto de Rubén Afonso, Responsable de Comunicación de CRMH Coruña)

No hay comentarios:

Publicar un comentario