viernes, 27 de marzo de 2015

HOMENAXE A OS MÁRTIRES DO PORTIÑO, 27 MARZO, AS 21H


 Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fará hoxe venres, 27 de marzo a partir das 21,00 h., unha sentida homenaxe ós Mártires do Portiño, que o 12 de abril de 1937 foron asasinadas alí polas forzas represivas do réxime franquista, polo único delito de tentar de fuxir do inmenso cárcere que era o estado gobernado polo ditador Franco. O seu único delito, xa que logo, era buscar a liberdade, era defender a legalidade republicana contra a barbarie franquista. E por iso -e nada maís que por iso-, pagaron coas súas vidas ese intento de fuga.Animamos a toda a cidadanía a participar neste acto convocado pola CRMH da Coruña, xa que cremos que homenaxear, lembrar, dignificar a todas as vítimas do franquismo non supón re-abrir feridas, se non todo o contrario, pechalas.Para buscar un mellor futuro temos que saber de onde vimos e que pasou realmente no pasado. Pincha aquí para saber más actividades del dia de la República en A Coruña: http://memoriadacoruna.com/;https://www.facebook.com/pages/Ateneo-Republicano-de-Galicia/312926862210787

No hay comentarios:

Publicar un comentario