As cinzas de Luísa Viqueira Landa, Republicana de Honra 2010, serán depositadas polo seu fillo, Manuel Rodríguez Viqueira, a carón dos restos do seu pai, Xohan Vicente Viqueira, cumprindo así a vontade da súa nai. Asistirán amizades da familia e público en xeral.
Acto en colaboración entre a CRMH da Coruña, a Fundación Viqueira, a Asociación “Suárez Picallo” de Sada e a Asociación Cultural “Eira Vella de Betanzos”, que contará coas intervencións de Fernando Souto Suárez, presidente da CRMH da Coruña, de Nicanor Acosta Alonso, Republicano de Honra 2015 e de Manuel Rodríguez Viqueira.
O sábado, 18 de abril. 12’00 h. Cemiterio de Ouces, concello de Bergondo.
O sábado, 18 de abril. 12’00 h. Cemiterio de Ouces, concello de Bergondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario