As Marchas da Dignidade reuníronse este fin de semana no Paraninfo da
Maestranza, da Coruña, na súa II Asemblea Galega, na que se debatiu o
estado actual das Marchas e as propostas de mobilizacións e
organizacións para o futuro, comenzando pola máis próxima que será o 24
de outubro ás 12 horas na praza do Obradoiro.
Preto de
duascentas persoas de todas as comarcas de Galicia fixeron as súas
propostas para mellorar a organización das Marchas da Dignidade e
aumentar a participación. A asemblea foi amenizada polo grupo coruñés
Audio Quatro, que interpretou varios temas da súa creación. O acto foi
presentado pola actriz Mónica Camaño.
Se incidiu no
traballo nas comarcas para difundir as Marchas da Dignidade, e logo
levar propostas de mobilización ás xuntanzas mensuais da coordinadora
galega en Compostela. A maioría das persoas asistentes consideran
fundamental que as Marchas da Dignidade continúen a traballar para
cambiar a situación actual de "sometemento popular á dictadura do poder
económico", e consideran que a "Unidade Popular non é a unidade dos
partidos políticos, se non o traballo conxunto entre a cidadanía non
organizada, os movementos sociais e os partidos políticos".
As
Marchas da Dignidade fan un chamanento a todas as persoas e
organizacións que estean en contra das políticas marcadas pola Troika
que se sumen ao colectivo para "loitar conxuntamente contra esa
organización antidemocrática".
No hay comentarios:
Publicar un comentario