As Marchas da Dignidade de A Coruña han convocado para o martes 4 de
novembro, unha acción simbólica de ocupación da Oficina de Desemprego de
Orillamar 78, que consiste nunha concentración diante da porta para
protestar contra a situación de paro e precariedade laboral á que nos
levaron as políticas neoliberais asumidas polo goberno autonómico e
central.
Esta acción será previa das manifestacións,
en toda Galicia, que terán lugar o día 6 de novembro para apoiar o acto
do 29N no Obradoiro.
XOVES DÍA 6 DE NOVEMBRO MANIFESTACIÓN NAS SETE CIDADES GALEGAS.
Chova ou vente, alí estaremos tod@s !!
Pica aquí abaixo para saber a que hora e onde é na túa cidade:
A CORUÑA, ás 20,00 hs. FERROL, ás 18,30 hs.
COMPOSTELA, ás 20,00 hs.
LUGO, ás 20,00 hs.
OURENSE, ás 20,00 hs.
PONTEVEDRA, ás 19´30 hs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario