Por iniciativa da Comisión
pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña celebrouse o
mércores unha reunión, en réxime de autoconvocatoria, á que
asistiron unha representación de: BNG, EU, Anova, Equo, Espazo
Ecosocialista, CxG, Fronte Cívica, PCG, Corrente Vermella, Causa
Galiza, Nós-UP, Galiza Nova, XCG, CRMH, Ateneo Republicano, CCOO,
CIG, Comités, C.S. Gomes Gaioso, 15-M de Monte Alto, 15-M da
ría.(esta relación está aberta a futuras incorporacións)
Partindo da necesidade de
convocar unha manifestación unitaria para dar resposta á
continuidade dunha monarquía en descomposición e ao proceso aberto
para coroar nun tempo record ao sucesor de Juan Carlos, a
representación de organizacións políticas, sindicais e sociais da
Coruña, acordaron convocar unha gran manifestación unitaria na
Coruña o 19 de xuño, coincidindo coa coroación de Felipe VI. A manifestación estará
encabezada por unha pancarta co lema: “Galiza pola República e
polo dereito a decidir”, que coincide co lema da manifestación
unitaria de Santiago do 7 de xuño. A manifestación sairá da Casa
do Mar ás 20 horas, para acabar ante a Delegación do Goberno na
praza de Ourense. Ao finalizar a manifestación unha personalidade,
consensuada polos convocantes, lerá o manifesto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario