O 27 de marzo de 1996, no
Campus da Zapateira, con reportaxe da TVG e presenza de diversos
representantes da Universidade da Coruña, ademáis da presentación dos 26
programas cos que comezaba a andaina de CUAC FM no 103.4 da FM
coruñesa. http://cuacfm.org/
Dezaoito
anos despois, máis de 1500 persoas e 422 programas teñen formado parte
do proxecto ao longo da sua historia, nunha aventura que ten como
principal obxectivo dar a opción de facer radio e difundir ideas moi
diversas a través dese marabilloso sistema de comunicación sonoro.
Os
actos previstos para a celebración inclúen unha sesión de minimonólogos
e brindis colectivo o Xoves 27 ás 20:30 horas en La Barbería (na Rúa do
Orzán nº 15) que presentará Victor Grande, socio e ex-vicepresidente de CUAC.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKrsD8XhK-HHn8zyFSshWAtYaRNPffBR2TPhKqKclxlSfqkWkA23erFnmi_M9oUIcdZjHWxSDyoZXaoDn94d2GWJDutMXlEL0o6SvjPkVqlI8Rw62riQRTr7z5CznwFv2B_aLd8nEJwINW/s1600/cartel+cuac+18+small.jpg)
De
novo dende a propia radio, o domingo de 17 a 22 horas emitirán
programas antigos da emisora que regresan ás ondas por un día. Programas
como Cosecha del 78, Sopas con ondas o Casa amelia, revivirán por un día a sensación de estar en antena.
CUAC
FM emite para todo o mundo dende internet dende 1996 e conta dende 2012
con aplicación gratuita para ser escoitada en dispositivos móbiles
(android, apple store e nokia ovi).
Pero o máis importante que ten preparado a emisora será o Encontro Europeo de Medios Comunitarios
que se celebra en Normal, o espazo de intervención cultural da UDC
entre os días 10 e 13 de abril. A Coruña convírtese durante eses días no
epicentro europeo do tercer sector da comunicación (nin público, nin
privado comercial) con máis de 100 persoas representando a diversas
redes de paises como Francia, Alemaña... ademáis de membros da Rede de
Medios Comunitarios do estado español, que ten a CUAC como sede estatal.
http://encuentro14.org O encontro que conta con aplicación propia para mobiles.
Grazas pola vosa atención.
Comunicación: 981 14 00 45 // 677 428 150
No hay comentarios:
Publicar un comentario