Os bombeiros súmanse ó tren, tanto na provincia de A Coruña como na de Pontevedra. Pra os interesados haberá dúas persoas encargadas da xestión do tren na
"zona norte". Os encargados
de A Coruña son: Ángel, da CGT, Tf. 696 903 890 sp.xeral@gmail.com , e Santiago, da Fronte Cívica, Tf. 654 629 190, frentecivicocoruna@gmail.com .
Por se alguén quere contactar coa "zona sur", o contacto e
Manolo, da CUT, cut.cangas@gmail.com . Temos algúns que se apuntaron de Tui e da Garda (Pontevedra), mellor que falen con Manolo, da CUT. Calquera dúbida, chamade.
O tren ten que estar PAGADO o día 14, polo tanto, a data límite de pago é o día 12. O
día 14 hai que chegar a Renfe cos máis de 20 mil € que custa o tren. As intruccións pra facer a reserva podes atoparlas picando aquí: http://frentecivicocoruna.wordpress.com/2014/02/19/formulario-e-contacto-para-apuntarse-as-marchas-da-dignidade-do-22m/
O tren sae de A Coruña o
día 22 ás 7:30, és 8:00 chega a Santiago e sae ás 8:05. Ás 8:45 chega a
Ourense, e sae de Ourense ás 9:20. O tren de Vigo únese en Ourense e a
Madrid vai un so tren. A Madrid chega ás 14:20 a estación de Chamartín. A
volta é de Chamartín ás 23:00. A manifestación sae de Atocha ás 17:00, e
rematará, aproximadamente, ás 20:00. Adxunto unha proposta de loxística
feita polo Sindicato Ferroviario.
Hai 130
persoas na lista de Coruña, así que necesítanse outras tantas para
encher o tren. A chegada dos bombeiros foi moi importante,
pero hai que facer todo o
posible para dar a coñecer o asunto do tren, quedan poucos días para conseguir a xente que fai falla. "Se nos movemos, conseguirémolo,
sen dúbida" Hai que facer realidade iste Tren das libertades e da dignidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario